Principado de Elba
O 11 de abril de 1814 o artigo 3 do Tratado de París concedía a Napoleón Bonaparte a illa de Elba como principado. O ex Emperador chegou á illa o 3 de maio de 1814. Once meses máis tarde abandonou a illa para iniciar o período chamado dos Cen Días que culminou coa derrota de Waterloo (1815). O Principado de Elba non foi restaurado e Napoleón foi enviado á illa de Santa Helena
BandeiraEditar
Napoleón dotou ao principado dunha bandeira branca cunha franxa diagonal vermella con abellas amarelas (as abellas eran o símbolo imperial dos Bonaparte). O seu estandarte persoal foi idéntico pero cadrado, levando flocos dourados e unha letra "N".
BibliografíaEditar
- Paul Gruyer: «Napoleón roi de l'île d'Elbe», Librerie Hachette, 1936.