Pribina foi un príncipe eslavo do Principado de Nitra (ca. 825-833), fundador do Principado do Balaton (ca. 840-861). En Eslovaquia está considerado o primeiro soberano dos eslovacos. A principal fonte escrita do seu reinado é Conversio Bagoariorum et Carantanorum escrito en Salzburgo por volta de 870.

Infotaula de personaPribina

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento800 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Nitra Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 860 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCarneola (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe Editar o valor em Wikidata
FillosGozilo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Estatua de Pribina en Nitra
Territorio do Principado de Nitra
Principado de Balaton

Traxectoria editar

No ano 827 mandou erixir unha igrexa en Nitra, consagrada polo arcebispo Adalram de Salzburgo, é a máis antiga igrexa en Eslovaquia e a primeira en toda Europa Oriental da que hai documentación por escrito.[1] O príncipe moravo Mojmír I expulsouno de Nitra no 833 e Pribina buscou refuxio nos dominios de Ratbod, margrave de Pannonia, presentado ao rei Lois o Xermánico, fíxoo bautizar na igrexa de Traismauer. Enfrontado con Ratbod, marchou a Bulgaria e intentou convencer ao khan Malamir para atacar os francos, empresa que fracasou xa que o khan búlgaro acababa de asinar a paz con eles. Xa que logo Pribina partiu para a baixa Pannonia, ás terras do príncipe Ratimir, un membro da súa familia. Mais en 838, Ratbod conquistou o principdo de Ratimir e Pribina fuxiu para o territorio de Salacho, un príncipe de Carniola, que conseguiu reconciliar a Radbod con Pribina.

En 839 ou en 840, Pribina recibiu de Lois o Xermánico un dominio poboado por eslavos situado en Pannonia entre o Danubio, o Drava e o Raab, no que historiograficamente recibe o nome de Principado do Balaton. En 846 ou en 847, obtivo a propiedade perpetua. Nos seus dominios encoraxou a colonización e o labor misioneiro. Fixo da súa capital, Blatnohrad unha enorme fortaleza e mandou construír 15 igrexas. Protexeu o imperio dos francos dos ataques da Gran Moravia, de Bulgaria e dos príncipes eslavos do suroeste. Pribina morreu en 861 durante os combates entre Carlomán, en rebelión contra seu pai e Rastislav de Moravia. O seu sucesor foi o seu fillo Kocel.

Notas editar

  1. Goldberg, Eric J. (2006). Struggle for Empire: Kingship and Conflict under Louis the German, 817–876. Cornell University Press, páx. 84 ISBN 978-0-8014-7529-0