Presidente da Generalitat Valenciana

(Redirección desde «Presidente da Xeneralidade Valenciana»)

O Presidente da Generalitat Valenciana é a cabeza do consello ou goberno valenciano e é elixido polas Cortes Valencianas.

Despois da elección, segundo a normativa do Estatuto de Autonomía do País Valenciano e o regulamento das cortes, o presidente ten a potestade de elixir un novo consello, do que forman parte os conselleiros, que han de prometer ou xurar o estatuto e a constitución e que se fan cargo de diferentes áreas de goberno ou consellerías.

O Presidente da Generalitat é o representante máximo e ordinario do Estado Español na Comunidade Valenciana.

Etapa preautonómica

editar
Imaxe Nome Inicio do mandato Fin do mandato Partido
-   Josep Lluís Albiñana Olmos 10 de abril de 1978 22 de decembro de 1979 PSPV
- Enric Monsonís Domingo 22 de decembro de 1979 30 de novembro de 1982 UCD

Etapa autonómica

editar
Imaxe Nome Inicio do mandato Fin do mandato Partido
1.   Joan Lerma 1 de decembro de 1982 2 de xullo de 1995 PSPV
2.   Eduardo Zaplana 3 de xullo de 1995 10 de xullo de 2002 PP
3. José Luis Olivas Martínez 24 de xullo de 2002 19 de xuño de 2003 PP
4.   Francisco Camps 20 de xuño de 2003 27 de xullo de 2011 PP
5.   Alberto Fabra 28 de xullo de 2011 26 de xuño de 2015 PP
6.   Ximo Puig 27 de xuño de 2015 actualidade PSPV