Premio Nacional de Patrimonio cultural
O Premio Nacional de Patrimonio cultural foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.
Os premios concedéronse a proxectos e iniciativas que destacasen ese ano polo seu labor nese campo da promoción, recuperación ou rehabilitación do patrimonio, ou en recoñecemento a proxectos continuados ao longo de varios anos. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio. Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria, e cando se recuperou en 2010 como Premios da Cultura Galega non existía unha categoría que equivalese a esta.
Premiada
editar- 2008 - Remodelación urbana de Pontevedra