Premio Literario Pinto e Maragota

certame literario galego

O Premio Literario Pinto e Maragota é un galardón literario convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración con Edicións Xerais de Galicia que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero. Comezou a súa andaina en 2020.

As obras que poden optar ao premio son tanto novela, como teatro ou poesía e non hai limitacións polo seu público destinatario. Ten un único premio remunerado con 3000 euros.[1]

Obras gañadoras

editar