Carmen P.G. Granxeiro

Artista multidisciplinar e escritora galega

Carmen Pérez González-Granxeiro, nada en Lugo en 1985, é unha artista multidisciplinar e escritora galega.[1]

Infotaula de personaCarmen P.G. Granxeiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1985 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de León Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata

Páxina webcarmenpggranxeiro.com Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato de artes en Lugo no IES Sanxillao, «Cinematografía y Artes Visuales» na Universidade de León e diplomouse no Centre d´Estudis Cinematogràfics de Catalunya, en «Realización e Guión Cinematográficos».[2] Tamén é Técnica Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos e viaxou formándose por Alemaña, os Estados Unidos e Portugal.

Ten traballos de deseño gráfico, ilustración, fotografía comercial ou audiovisuais e obras máis persoais nas que combina tamén estas ferramentas con soportes plásticos ou a reciclaxe.[1]

Ademais de formar parte de exposicións e experiencias artísticas e sociais colectivas, participou no II Congreso Pinto e Maragota pola Diversidade, en videofórums nos centros de Ensino Secundario de Pontevedra[3] e con múltiples palestras en centros educativos sobre cine e fotografía, feminismo, diversidade sexual, desde perspectivas históricas, técnicas, estéticas...[4]

En 2015 foi candidata ao Senado con En Marea. É “activista do cotián”, desde o ecoloxismo ata a defensa dos dereitos LGTBI[5], pasando por unha postura -arredor da prostitución e do traballo sexual- que non encadra nin no abolicionismo nin no regulacionismo e que resume en "Por un abolicionismo consciente e práctico contra todo tipo de proxenetismo. Traballo sexual dende unha perspectiva libertaria.".[6]

Obra literaria editar

Audiovisuais editar

  • Etiquétame (2014). Finalista do Premio Nacional Canal+ á Mellor Videocreación.
  • De cara ao Miño (2016). Documental sobre o movemento veciñal lucense arredor do río.
  • Ás 20.30 hrs (2016).
  • 1948-2016, un final para empezar (2016). Documental.
  • Atenas. Meeting Point (2018).
  • Benvidas ao club (2018). Documental froito do contacto coa Plataforma Contra a Impunidade da operación Carioca.[9]
  • Un día normal (2019).
  • Persoas S.A. (2020).
  • Nun tempo de horta (2022).

Premios editar

  • Festival de Málaga a Biznaga de prata, premio especial «Afirmando los derechos de las mujeres», por Benvidas ao club.
  • II Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade Sexual e de Xénero, por Estranxeiras.
  • Mellor linguaxe visual, 3º Certame de Videocreación da USC de Lugo, por S.A.E.
  • Premio Araceli Herrero á mellor linguaxe comunicativa no 2º Certame de Videocreación da USC de Lugo, por Artefacto.
  • No Humus Film Festival, en La Casa Encendida de Madrid é premiada como mellor curta en categoría fantástica Ás 20.30 hrs.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "autor/a A Editorial Xerais". xerais.gal. Consultado o 2022-09-16. 
  2. "Carmen PG Granxeiro Acerca". Consultado o 2022-09-16. 
  3. "O II Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade de Sexo e Xénero, para Carme P.G. Granxeiro". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-09-16. 
  4. Lugo, El Progreso de (2015-05-12). "Carmen Granxeiro: "Si no aprendemos a ver de un modo crítico acabamos por ser sujetos pasivos"". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-09-16. 
  5. López, Silvia (2019-07-17). "Carmen Granxeiro, creadora artística: «Fun ao Orgullo LGTBI de Vilalba, vin o busto de Fraga e dixen "mira ti..."»". Lugo Xornal. Consultado o 2022-09-16. 
  6. "Carmen PG Granxeiro | NIN ABOLICIONISTA NIN REGULACIONISTA". Consultado o 2022-09-21. 
  7. "Ficha do libro Editorial Xerais". xerais.gal. Consultado o 2022-09-16. 
  8. Pontevedra, Diario de (2022-01-03). "Carme P.G. Granxeiro faise co II Premio Literario Pinto e Maragota". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-09-16. 
  9. Lugo, El Progreso de (2018-12-04). ""Artivismo" ante la Carioca". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-09-16.