Os preliminares do actos sexual son o preludio deste, é dicir, do coito. Trátase de xogos físicos e psíquicos que se desenvolven co obxecto de acadar a excitación da parella e a lubrificación dos órganos xenitais, o cal facilita o coito. Os xogos sexuais poden realizarse desde breves minutos até varias horas antes de producirse o acto sexual.

Preliminares.

Características

editar

A súa variedade é infinita, desde a máis leve insinuación pola palabra, xa sexa en vivo como por outros medios (telefónico, por exemplo), pasando pola máis delicada mirada ou aceno (cos ollos, os beizos, as mans), incluíndo un tocamento, rozamento ou masaxe. Outra posibilidade é utilizar distintos tipos de roupa, por exemplo lencería. Tamén se pode agregar algún tipo de xoguete sexual. Estes véndense en tendas especializadas chamadas sex-shops.

Cos xogos sexuais ou preliminares ao sexo pódese conseguir máis intimidade entre a parella.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar