Pregúntalle ao vento

filme de 2006 dirixido por Robert Towne

Pregúntalle ao vento (en inglés: Ask the Dust) é un filme estadounidense do ano 2006. É un drama dirixido por Robert Towne, adaptado do libro Ask the Dust de John Fante. Estreouse en galego na TVG o 10 de xuño de 2009.[1]

Pregúntalle ao vento
Ficha técnica
Título orixinalAsk the Dust
DirectorRobert Towne
ProdutorTom Cruise
Jonas McCord
Paula Wagner
GuiónRobert Towne
Baseado enAsk the Dust de John Fante
IntérpretesColin Farrell
Salma Hayek
Donald Sutherland
Idina Menzel
MúsicaRamin Djawadi
Heitor Pereira
DistribuidoraParamount Classics (USA)
Pathé (RU)
Estrea 17 de marzo de 2006
Galicia 10 de xuño de 2009 (TVG)
Duración117 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0384814 Filmaffinity: 989831 Allocine: 54987 Rottentomatoes: m/ask_the_dust Mojo: askthedust Allmovie: v306119 TCM: 630427 Metacritic: movie/ask-the-dust TV.com: movies/ask-the-dust Netlix: 70044703 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Arturo Bandini soña con converterse nun escritor famoso nos Ánxeles (California) a comezos da década de 1930, durante a Gran Depresión. No intento de escribir algo, hospédase nun cuarto barato dun hostal, pero o plan vólvese un fracaso: os cartos acábanse e non consegue publicar nada. Entón coñece a Camilla Lopez, unha camareira mexicana que soña con conseguir un bo marido e deixar o emprego. Xuntos viven unha relación turbia, baseada no desexo, os celos e o desprezo.

Porén, hai bastantes diferenzas respecto á novela orixinal. Arturo e Camila van vivir a unha casa á beira da praia, e Camila morre logo dunha longa enfermidade. A relación entre Camila e Sammy non está tan desenvolvida, porén, Camila e Arturo son parella durante un tempo.

Personaxes

editar
  1. "Pregúntalle ao vento na TVG". Diario Siglo XXI. 8 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 19 de abril de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar