Ask the Dust

novela de John Fante

Ask the Dust é unha novela escrita polo italo-americano John Fante en 1939, ambientada en California na época posterior ó crack do 29. Forma parte da tetraloxía da que é protagonista Arturo Bandini, o alter-ego do autor.

Ask the Dust
Título orixinalAsk the Dust
Autor/aJohn Fante
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela, Realismo sucio
EditorialHarperCollins
Data de pub.1939
ISBNISBN 0-06-082255-4
Precedido porWait until Spring, Bandini
Seguido porDreams from Bunker Hill
editar datos en Wikidata ]

A novela foi levada ó cine co título homónimo (Pregúntalle ao vento), dirixida por Robert Towne, con Colin Farrell, Salma Hayek e Donald Sutherland.

O mozo Arturo Bandini, fillo de emigrantes italianos, soña con converterse nun escritor de contos. Logo de non lograr publicar nin unha soa historia, múdase de Colorado, onde vivía coa familia, aos Ánxeles, en busca de fortuna. Encóntraa aloxado nunha pensión no barrio de Bunker Hill. Vagabundeando pola cidade na procura de esperanza, coñece unha camareira mexicana, Camilla Lopez, e comezan unha difícil e atormentada historia de amor chea de paixón e litixios: a loita constante contra o espectro da pobreza e a inferioridade social.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Cooper, Stephen; Donato, Clorinda, eds. (2020). John Fante's Ask the Dust. A Joining of Voices and Views. Fordham University Press.