Praza de Portugal (Vigo)
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Jockerouac (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 0 segundos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
A praza de Portugal é unha praza situada na cidade de Vigo. Foi construída en 1929 e conceptualizada polo arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez.[1] Foi creada para ampliar os espazos verdes e de lecer no centro da cidade, e a súa estrutura salva un desnivel existente entre as rúas de Rogelio Abalde e do Uruguai. Entre a praza e esta última, destacan unhas escadas ou escalinatas de pedra. Tamén comunica coas rúas de Churruca e de República Arxentina.