Praza Central de Tampere

A Praza Central (en finés Keskustori) é unha praza situada no centro da cidade de Tampere, Finlandia. A praza é atravesada por Hämeenkatu e está bordeada polas rúas Aleksis Kiven katu e Satakunnankatu e no seu extremo oriental polo Tammerkoski. Nela encóntranse algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade, como a Raatihuone, a Igrexa Vella, a Antiga Biblioteca, a antiga fábrica de papel Frenckell, o Teatro de Tampere, ou as casas do Comercio, Palander ou Sumelius. O nome de Keskustori foille dado en 1936, cando se renovou boa parte da nomenclatura da cidade, ata ese momento se chamaba "Kauppatori" ("Praza do Mercado").[1]

Praza Central
Keskustori (en finés)
Tipoloxíapraza
Dimensións
Lonxitude60 (lado máis estreito) m
Largura410 (lado máis longo) m
Área3,3 ha
FormatoRectángulo
Localización
LocalidadeTampere
Coordenadas61°29′53.4″N 23°45′39″L / 61.498167, -23.76083Coordenadas: 61°29′53.4″N 23°45′39″L / 61.498167, -23.76083

De planta case rectangular, trátase dunha praza de grandes dimensións, cunha lonxitude de 410 metros no seu lado máis longos e 60 metros no seu lado máis estreito. A súa superficie é dunhas 3,3 hectáreas. Está dividida en diferentes sectores: ao norte sitúase "Frenckellinaukio", ao sur "Puutarhakatu", e o sector ao sur de Hämeenkatu é coñecido como "Jugendtori". A área do parque recibe nomes superpostos, dos cales os máis coñecidos son "Kirjastonpuisto" ("Parque da Biblioteca") ou "Vanhankirjastonpuisto" ("Parque da Biblioteca Vella"), e "Vanhankirkonpuisto" ("Parque da Igrexa Vella"), se ben a toda a área do parque se lle chama ás veces Koskipuisto, aínda que o Koskipuisto oficialmente está situado na outra beira do Tammerkoski.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar