Koskipuisto (en galego Parque dos rápidos) é unha área axardiñada situada na beira leste do Tammerkoski no barrio de Kyttälä, na cidade de Tampere (Finlandia). En fronte, na beira oeste dos rápidos encóntrase o Kirjastonpuisto (en galego "Xardín da Biblioteca") – aínda que ás veces toda a zona é chamada Koskipuisto.[1][2] O Tammerkoski e as súas beiras é unha das paisaxes nacionais de Finlandia.

Vista de Koskipuisto co Hotel Tammer en 2017.
O Koskipuisto, á dereita, en xaneiro de 2021.
O "Pikku Kakkosen leikkipuisto".

Esta beira foi marcada como parque no primeiro plano da cidade preparado polo arquitecto municipal F. L. Calonius para Kyttälä no ano 1886. A constrción do parque iniciouse a finais da década de 1890 ao mesmo tempo que a construción da nova área de Kyttälä, e finalizaron no cambio de século. A zona axardiñada estendíase tamén ao sur de Hämeenkatu, pero a construción da rúa Hatanpään valtatie e a nova ponte Hämeensilta nas décadas de 1920 e 1930 reduciron de xeito significativo a parte sur do parque. Actualmente a zona verde situada ao sur de Hämeenkatu é coñecida polo nome de Verkatehtaanpuisto.[2]

Na década de 1930 Koskipuisto foi renovado e expandido, cando se construíu unha nova central hidroeléctrica e ao mesmo tempo estreitouse o río. Entre outras cousas construíuse un paseo máis amplo na área vaciada dos rápidos. O antigo banco da praia encontrábase aproximadamente en torno ao actual corredor medio di parque.[3]

No ano 1971 inaugurouse a estatua de Aimo Tukiainen Virvatulet, adicada aos soldados finlandeses.[2] Antes da estatua de Tukiainen erixírase outra de Yrjö Liipola no mesmo lugar chamada Paimenpoika (1947), que foi trasladada ao Verkatehtaanpuisto.[4]

Na década de 1990 a área de xogos foi renovada e renomeada como parque de xogos de Pikku Kakkonen.

Notas editar

  1. Donner 2005, p. 12.
  2. 2,0 2,1 2,2 Siitarinen 1999.
  3. Donner 2005, pp. 13–16.
  4. Donner 2005, p. 31.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar