Praza Beestenmarkt (Delft)

Coordenadas: 52°00′41″N 4°21′45″L / 52.01139, 4.3625

A praza Beestenmarkt (en galego: "praza do gando") é unha das prazas máis grandes da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.

Beestenmarkt
(Praza do Gando)
Estado actual da Beestenmarkt
TipoloxíaPraza
Dimensións
FormatoRectangular (60 x 50 m)
Circulación
TránsitoPeonil
Rodado polas rúas adxacentes

A praza ten forma case cadrada e unhas dimensións de 60 por 50 metros e, xa que logo, unha superficie de 3.000 metros cadrados.[1]

Historia editar

No lugar que hoxe ocupa, estivo instalado o convento franciscano Minderbroederklooster (en galego: "convento do irmán menor"), entre 1449 e 1595.[2]

Desde ese último ano, en que o convento foi derrubado, e ata 1972, desenvolveuse alí un importante mercado de gando ao que acudían gandeiros de toda a rexión de Westland, no sur de Holanda.

Tras abandonarse ese uso, o espazo da praza utilizouse durante dous decenios como aparcadoiro, ata que a principios da década de 1990 se rehabilitou para se converter nun dos núcleos de esparexemento e hostalaría da cidade, particularmente durante o verán, á sombra dos 24 plataneiros de en torno a 70 anos que a rodean.[3][4]  

Desde o ano 2001, vénse instalando anualmente (con algunhas excepcións) na praza unha pista de patinaxe durante o inverno.[5]

 
"O boi" (Stier), obra de Rob Brandt na Beestenmarkt

En lembranza do seu pasado como lugar de trata de gando, no centro da praza colocouse en 1993 a escultura de cerámica de Rob Brandt "O boi" (Stier).[6]

Notas editar

  1. "Beestenmarkt Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". En ExploringDelft.com (en inglés)
  2. "Toen in Delft: ’t Broerhuis wordt Beestenmarkt". En Indebuurt.nl (en neerlandés)
  3. "La vida nocturna de Delft". En Holland.com (en castelán)
  4. "Delft: Restaurants aan de Beestenmarkt". En Restaurants.nl (en neerlandés)
  5. "Beestenmarkt[Ligazón morta]" no sitio web do Concello de Delft (en neerlandés)
  6. "Kunst in de openbare ruimte" ("Arte no espazo público"), No sitio web do Concello de Delft (en neerlandés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (en neerlandés)

Ligazóns externas editar