Pran
Pran Krishan Sikand, nado en Nova Deli (India) o 12 de febreiro de 1920, e finado en Bombai o 12 de xullo de 2013, máis coñecido como Pran, era un actor indio galardoado con múltiples premios Filmfare e BFJA, sendo un dos máis recoñecibles malvados no cine hindi dende a década de 1940 até a década de 1990.[1] Actuou como heroe dende 1940 até 47 e como malvado dende 1942 a 1991 e fixo papeis secundarios entre 1948 e 2007.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1920 Nova Deli, India |
Morte | 12 de xullo de 2013 (93 anos) Lilavati Hospital and Research Centre, India (en) |
Causa da morte | pneumonía |
Datos persoais | |
Residencia | Bombai |
País de nacionalidade | India (1950–) Dominio da India (1947–1950) Raj Británico (–1947) |
Relixión | Hinduísmo |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Período de actividade | 1940 - 2007 |
Lingua | Lingua hindi |
Familia | |
Cónxuxe | Shukla Sikand |
Fillos | Sunil Sikand (en) |
Premios | |
Páxina web | pransikand.com |
|
Nunha longa e prolífica carreira apareceu en máis de 350 filmes. Fixo o papel protagonista en Khandaan (1942), Pilpili Saheb (1954) e Halaku (1956). Os seus papeis en filmes como Madhumati (1958), Jis Desh Men Ganga Behti Hai (1960), Upkar (1967), Shaheed (1965), Purab Aur Paschim (1970), Ram Aur Shyam(1967), Aansoo Ban Gaye Phool (1969), Johny Mera Naam (1970), Victoria No. 203 (1972), Be-Imaan (1972), Zanjeer (1973), Don (1978), Amar Akbar Anthony (1977) e Duniya (1984) son consideradas as súas mellores interpretacións.
Notas
editar- ↑ Gulzar, Govind Nihalani, Saibal Chatterjee (2003). Encyclopaedia Britannica (India) Pvt. Ltd., ed. Encyclopaedia of Hindi Cinema. p. 605. ISBN 8179910660. Consultado o 15 de abril de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pran |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)
- Pran na IMDb (en inglés).
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |