Praia de Zurriola

A praia de Zurriola é unha das tres praias da cidade de Donostia (País Vasco). Está situada entre a desembocadura do río Urumea e o monte Ulía, e ten unha lonxitude aproximada de 800 metros.

Praia de Zurriola
Coordenadas: 43°19′35″N 1°58′30″O / 43.3264, -1.975

En 1994 leváronse a cabo unhas obras de reforma da praia. Anteriormente era practicamente inutilizable dada a virulencia das augas. Grazas a ditas reformas, que incluíron a construción dun espigón, a praia aumentou a súa lonxitude, as súas augas fixéronse aptas para o baño e o seu uso multiplicouse.

Fronte ao perfil elegante e tranquilo das praias de Ondarreta e La Concha, a praia de Zurriola consolidouse como unha praia de perfil máis novo e apropiada para a práctica do surf (trátase da praia máis aberta e con máis ondas da cidade) e como escenario dalgúns concertos do Festival de Jazz de Donostia e de competicións de surf, skateboarding e eventos similares.

Está permitida a práctica do nudismo desde 2004, sendo unha das poucas praias urbanas españolas que o permiten.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar