Praia de Seselle
A praia de Seselle[1] é un areal situado no concello de Ares[2]. É unha praia de augas tranquilas, protexida na ría de Ares, no medio da costa da enseada de Ares. Mide case un quilómetro, continuando cara ao leste coa praia do Raso da que a separan unhas rochas e cara ao oeste coa vila de Ares. A praia é de area fina con moitas cunchas. A anchura da praia varía entre os 20 metros en marea alta ata uns cen metros en marea baixa. É unha praia urbana, tranquila e moi visitada por familias.
Praia de Seselle | |
---|---|
Praia de Seselle | |
Coordenadas: 43°25′46″N 8°13′43″O / 43.429315, -8.228593 | |
Características xerais | |
Localización | Ares |
Lonxitude | 1 km |
Largo medio | 20-100 m |
Grao de ocupación | media |
Grao de urbanización | media |
Características específicas | |
Composición | area e cunchas |
Tipo de area | fina |
Condicións do baño | si |
Zona de fondeo | Admítese |
Seguridade | |
Sinalización do perigo | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | peonil |
Sinalización do acceso | si |
Notas
editar- ↑ Ficha de Seselle en turismo.gal.
- ↑ Praias de Ares en concellodeares.com.