Abrir o menú principal

Praia de Area Longa, Porto do Son

(Redirixido desde "Praia de Baroña")

A praia de Area Longa, tamén coñecida como praia de Baroña, é unha praia galega, situada na parroquia de Baroña, en Porto do Son, ao pé do castro de Baroña.

Praia de Area Longa / Praia de Baroña
Praia nudista de Baroña. Porto do Son. Galiza 324.jpg
42°41′25″N 9°1′40″O / 42.69028, -9.02778Coordenadas: 42°41′25″N 9°1′40″O / 42.69028, -9.02778
Paraxe natural
Características xerais
Lonxitude350 m
Largo medio35 m
Grao de ocupaciónMedio-alto (no verán)
Grao de urbanizaciónNon hai
Paseo marítimoNon hai
Características específicas
Tipo de praiaAberta (fóra da ría)
Tipo de areaFina
Condicións do bañoOndas de moderadas a fortes
Praia nudistaSi
Aspectos medioambientais
Zona protexidaSi
Seguridade
Sinalización do perigoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoA pé
Sinalización do accesoSi, desde a estrada AC-550

Trátase dunha praia fecuentada por nudistas, así como por surfistas (debido ás súas ondas).

CaracterísticasEditar

 
Turistas na praia se Area Longa, ou de Baroña.

A súa extensión é de 350 m, e ten 35 m de anchura. O seu nivel de ocupación en verán é medio-alto. É unha praia illada sen paseo marítimo, e está principalmente composta por rochas e area branca e dourada.[1][2]

É unha praia de ámbito virxe, con forma de enseada. Á súa dereita atópase o coñecido castro de Baroña, ao que é recomendable facer unha visita.[2]

O estado habitual do mar é de ondadas de moderadas a fortes. A praia está sometida a un forte vento. Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis.[1] Límpase diariamente.[2]

Non hai moitos anos saltou do anonimato por ser unha praia escollida polos nudistas, o que en principio trouxo certa polémica.[2]

É unha praia apta para practicar o submarinismo. Ademais é unha das praias onde máis se practica o surf pola constante ondada do que goza.[1][2]

Está incluída na Rede Natura 2000.[1][2]

A praia conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, é fácil,[1] e para acceder a ela hai que baixar unha acusada pendente (sinalizada).[2]

O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.[1]

NotasEditar