Praia da Madalena

areal en San Martiño de Porto, Cabanas

A praia da Madalena é un areal situado no concello de Cabanas no peche á ría de Ares limitando co concello de Pontedeume, na desembocadura do río Eume.

Praia da Madalena
Cabanas.Galiza.05.jpg
Praia da Madalena, Cabanas.
43°25′5.14″N 8°10′18.75″O / 43.4180944, -8.1718750Coordenadas: 43°25′5.14″N 8°10′18.75″O / 43.4180944, -8.1718750
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónCabanas
Lonxitude1 km.
Largo medio50 m
Grao de ocupaciónAlta
Grao de urbanizaciónMoito
Paseo marítimoYes check.svg
Características específicas
Tipo de praiaUrbana
Tipo de areaFina e branca
Condicións do bañoYes check.svg
Zona de fondeoAdmítese
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Zona protexidaSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitadosYes check.svg
Tipo de accesoPeonil
Sinalización do accesoYes check.svg

O areal de area branca e fina forma xunto co río Eume e o piñeiral un espazo natural no fondo da ría de Ares. A praia non ten Bandeira Azul, pero si tódolos servizos nun paseo peonil. É unha praia de augas tranquilas e pouco profundas. Sendo unha praia urbana de moi alta ocupación pola súa proximidade a Pontedeume.

Dende os anos sesenta sufriu unha grande presión urbanística e de crecemento descontrolado habendo vivendas de todo tipo pola zona. Desde casas unifamiliares a edificios de apartamentos e vivendas residenciais. Dende inicios do século XX o concello de Cabanas tentou poñer orde na zona prohibindo o acceso de vehículos ao monte de piñeiros da praia e limitando o acceso ao mesmo. Construíuse un paseo peonil pola estrada que bordea os piñeiros. Na propia praia existen locais de hostalería e un club náutico. Instalacións para a práctica de deportes de vela e fondeadeiro de embarcacións. Na praia hai un campo de fútbol. Como accesos á praia hai ligazón directa á autoestrada AP-9 e a estación de Cabanas está preto.

ImaxesEditar

 
Vista xeral.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar