Praderrei, O Campo, Campo Lameiro
lugar da parroquia do Campo, no concello de Campo Lameiro
Coordenadas: 42°32′05″N 08°31′45″O / 42.53472, -8.52917
Praderrei é un lugar da parroquia do Campo, no concello pontevedrés de Campo Lameiro na Comarca de Pontevedra. No ano 2009 tiña unha poboación de 122 habitantes, 58 homes e 64 mulleres segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.
Praderrei | |
---|---|
Parroquia | O Campo |
Concello | Campo Lameiro |
Coordenadas | 42°32′05″N 8°31′45″O / 42.53472222, -8.52916667 |
Poboación | 110 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
No lugar de Praderrei atópase o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro, mostra do enorme patrimonio arqueolóxico que gardan os seus montes. O edificio principal do PAAR levantouse sobre o antigo campo de fútbol do lugar. O centro arqueolóxico abriu as súas portas o 6 de xullo do 2011.
Lugares e parroquias Editar
Lugares do Campo Editar
Lugares da parroquia do Campo no concello de Campo Lameiro | |
---|---|
Alende | Chacente | A Lagoa | Lameiro | Liñariños | Morañó | Praderrei |