Portugués de Goa

O portugués de Goa é a variedade lingüística da comunidade lusófona do estado indio de Goa, outrora a India Portuguesa, formada polos territorios de Goa, Damán e Diu.

Portugués de Goa
'Fala'
Falado en: India
Rexións: Goa, Damán e Diu)
Total de falantes: 10.000
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Ibero-románica
       Ibero-occidental
        Galaico-portugués
         Portugués de Goa
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

Falantes editar

En continuidade co misionariado portugués no primeiro século da presenza portuguesa en Goa, o século XIV, os esforzos culturais céntranse en aprender e dominar a lingua dos habitantes, tanto a lingua marathi usada tradicionalmente para os textos relixiosos, como a lingua konkani, que era a lingua falada polo común do pobo. Este esforzo misionario caracterízase pola creación do colexio dos «moços da terra» anexo ao «Colégio de São Paulo» dos xesuítas en Goa. A iniciativa destacada, debida a San Francisco Xabier, líder eclesiástico da misión, foi a de adestrar rapaces asiáticos que puidesen servir de intérpretes e asistentes aos misioneiros nos seus respectivos países. San Francisco Xabier foi capaz de expulsar da Companhia de Jesus a un reitor dese colexio por non participar no seu ideal e por ter substituído os mozos locais por portugueses nunha das súas ausencias.

O colexio dos «moços da terra» educaba en 1563 a 645 alumnos, e uns anos máis tarde chegou a ter 800 mozos de varias etnias. Foi un alumno deste colexio quen axudou aos xesuítas a compor a primeira gramática da lingua konkani e axudou a algúns xesuítas a ensinala. Foi nese período inicial no que se habilitaron confesionarios en konkani. Así mesmo, producíronse varias obras didácticas en konkani destinadas ao adestramentos dos propios relixiosos, e varias obras devocionais na mesma lingua e en marathi para o uso dos fieis.

Por esta razón, e acusadamente cando o celo misionario comezou a diminuír a partir da segunda metade do século XVII, principiou a baixada de falantes de portugués e invertiuse a presión sobre a administración do Estado da India para forzar aos locais a aprender a falar a lingua portuguesa, baixo pena de non celebraren os casamentos na Igrexa, nin os seus fillos poder ser ordenados padres. A estratexia fracasa en grande medida, porque os locais xa estaban habituados á liturxia en lingua vernácula e o seu interese no portugués era nulo. Recóllese unha expresión proverbial atribuída a unha señora goesa: «Sermanvak gel'lim axên, sermanv zalo firangi bhaxên» (= Eu fun con grande entusiasmo para oir o sermón, mais que pena que o predicamento era en portugués).[1]

En oposición ao acontecido noutras colonias, en Goa o portugués só enraizou nunha pequena clase académica. Nunca chegou a ser unha lingua de uso cotián pero perviviu a través dos séculos. Na actualidade o seu número de falantes estímase entre o 3% e o 5%. Segundo os datos de 2014, as equivalencias chegan aos 10.000 cidadáns, cunha nova afiliación de 1.500 estudantes nas academias do estado portugués, repartidas entre o Consulado, o Instituto Camões e a Fundação Oriente.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar