Portugália–Companhia Portuguesa de Transportes Aéreos, S.A., operando baixo o nome de TAP Express dende marzo de 2016,[1] é unha aeroliña rexional portuguesa con sede no aeroporto da Portela, en Lisboa, e é subsidiaria de TAP Portugal. Portugália recibiu o título de "Mellor aeroliña rexional" en Europa nos anos 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006, e o premio Skytrax ao mellor persoal de cabina de Europa no ano 2005. Realiza voos regulares nacionais e internacionais dende Lisboa e Porto, ademais de servizos chárter europeos, dende 2007 exclusivamente baixo códigos de voo da TAP. A súa principal base está no aeroporto da Portela, e o seu hub secundario e o aeroporto de Sá Carneiro, en Porto.

TAP Express
IATA
NI
OACI
PGA
Indicativo
PORTUGALIA
Fundación1988
Aeroporto principalaeroporto da Portela
Plan de voo frecuenteVictoria
Frota16
Destinos23
HoldingTAP Portugal
DirixentesLuiz Plácido Lapa (CEO)
Páxina web: http://www.portugalia-airlines.pt/

En xaneiro de 2017 a frota de TAP Express estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de TAP Express
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
ATR 72-600 8 70 70 operados por White Airways
Embraer 190 9 110 110
Total 17
  1. Air Transport World (ed.). "TAP Portugal creates TAP Express to replace Portugalia". Consultado o 5 de marzo de 2017. 
  2. TAP Portugal (ed.). "Frota de TAP". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 5 de marzo de 2017.