Coordenadas: 39°33′13″N 2°37′45″L / 39.55361111, 2.62916667

O porto de Palma é un porto pesqueiro, comercial, de pasaxeiros e deportivo da cidade de Palma de Mallorca, nas Illas Baleares. Está xestionado pola Autoridade Portuaria de Baleares e é capitanía da provincia marítima de Mallorca.

Vistas do porto e da cidade dende o castelo de Bellver.

É un dos primeiros do mar Mediterráneo en número de cruceiros turísticos e un referente internacional en canto á reparación de embarcacións. Nel a Autoridade Portuaria de Baleares presta servizos de amarre, practicaxe, remolque, recepción de residuos, estiba e desestiba e servizo á pasaxe.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar