Porto de Eivisa

(Redirección desde «Porto de Eivissa»)

Coordenadas: 38°54′45″N 1°26′07″L / 38.9125, 1.435278

O Porto de Eivisa (en catalán: Port d'Eivissa) é un porto pesqueiro, comercial, de pasaxeiros e deportivo da cidade de Eivisa, na illa balear homónima.

Vista do porto de Eivisa dende Dalt Vila.

O porto conta, ademais dos peiraos para mercadorías e pasaxeiros, co dique de Botafoc, onde se realiza a descarga de combustibles que consome a illa e lugar onde amarran os grandes cruceiros que recalan nela. Tamén dispón de varias dársenas deportivas cun total de 1 400 amarres para embarcacións de recreo. O porto é de grande importancia para a illa de Formentera, xa que a conexión entre os dous portos é a única regular de pasaxeiros e mercadorías que funciona todo o ano.

A actividade portuaria na zona data da fundación cartaxinesa, cara ao 650 a. C. e a súa continuidade documéntase cos romanos, vándalos, bizantinos, árabes, cataláns e españois. No século XVII xa había edificios con finalidades portuarias na zona do Raval. A principios do século XX construíuse un dique de abrigo que protexe a zona sur do porto, e desde entón a súa modernización foi intensa.[1]

Notas editar

  1. Autoritat Portuaria de Balears. "Port d’Eivissa". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 16 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén editar