Porto comercial de Ribadeo

O porto comercial de Ribadeo, sobre a ría do mesmo nome,coñecido como Porto de Mirasol, é un dos de movemento principal dependentes de Portos de Galicia. Os principais produtos embarcados son madeira e pasta de papel procedente da factoría de ENCE de Navia. Move preto de medio millón de toneladas anuais de mercadorías[1][2].

Madeira esperando ser cargada no porto ribadense de Mirasol. Vista dende o Parador de Turismo de Ribadeo.
Movemento anual de mercadorías do porto de Ribadeo.

A finais da década de 2000, a aposta de ENCE polo Musel (porto de Xixón) para o embarque da pasta, causou alarma e produciu o comezo de obras para o seu traslado por ferrocarril a dito porto. A comezo de 2019, o goberno do Principado de Asturias, que puxera 2,8 millóns de euros, reclámaos a FEVE ante o abandono do proxecto.[3]

A canle de acceso ó porto necesita ser dragado periodicamente: en 2019 presupóstanse medio millón de euros para facer o dragado, coa retirada duns 43 000 m3 de area.[4]

Outros

editar
  1. "O porto de Ribadeo volverá a mover case medio millón de toneladas.". Ribadeando. Consultado o 15/03/2018. 
  2. "El puerto de Ribadeo incrementa en un 7% su tráfico de mercancías". elprogreso.es. 26-11-2017. Consultado o 10-02-2019. 
  3. "El Principado reclamará a Feve los 2,8 millones que dio para que Ence dejase Mirasol". La Comarca del Eo. 9/02/2019. 
  4. "Otro dragado mejorará el calado en el canal de la ría y en el náutico ribadense". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-03. Consultado o 2019-03-03. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar