Portal:Música rock/Artigo destacado/marzo 2014

Hole ao vivo en 2010.

Hole é unha banda de rock alternativo estadounidense liderada por Courtney Love (a viúva do líder de Nirvana, Kurt Cobain), formada en Los Angeles por Love e o guitarrista Eric Erlandson en 1989. O grupo desfíxose no ano 2002, pero en 2009 Love reformou a banda sen ningún dos membros anteriores, editando no 2010 o seu último álbum ata a data, Nobody's Daughter.