Portal:Irlanda/Biografía destacada/10

Maureen FitzSimons, nada en Dublín o 17 de agosto de 1920 e finada en Boise, Idaho, o 24 de outubro de 2015, foi unha actriz irlandesa-estadounidense máis coñecida como Maureen O'Hara.

Na súa xuventude foi cantante de ópera, mais é principalmente coñecida polo seu traballo como actriz en numerosos filmes de aventuras e western, nos que adoitaba interpretar papeis de heroínas independentes e apaixoadas. En 2014 recibiu un Oscar Honorífico en recoñecemento á súa traxectoria.

Falaba irlandés con fluidez, chegando mesmo a utilizalo en filmes como The Long Gray Line, The Quiet Man e Only the Lonely.