Portal:Bulgaria/Artigo destacado/1

Sofía (en búlgaro, София) é a capital de Bulgaria, e con 1 270 450 habitantes (ano 2007) a cidade máis poboada do país e a 14ª da Unión Europea. Localízase na rexión oeste de Bulgaria, aos pés do macizo Vitosha. É o centro administrativo, cultural, económico e educativo do estado. Trátase dunha das capitais máis antigas de Europa, remontándose a súa historia até o século VIII a. C., cando os tracios estableceron un asentamento na zona. Sofía tivo varios nomes ao longo da súa existencia, e aínda hoxe se poden ver remanentes da milenaria historia da cidade a carón dos atractivos turísticos modernos...