José Luis Modrego

baloncestista español
(Redirección desde «Popocho Modrego»)

José Luis Modrego Casalots, chamado Popocho Modrego,[1] nado o 27 de outubro de 1962 en Barcelona, é un ex xogador profesional de baloncesto e na actualidade profesor de Educación Física na cidade de Vigo. Cunha altura de 1,83 m, xogaba na posición de base.

José Luis Modrego
Información persoal
Nacemento 27 de outubro de 1962 (61 anos)
España Barcelona, España
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Canteira Joventut Badalona
Carreira 19831992
Historial de equipos
Obradoiro Santiago (1983−1984)
Estudiantes Seur Lugo (1991−1995)
Universidade de Vigo (1995−1997)

Traxectoria editar

Nado en Barcelona, formouse nas categorías inferiores do Joventut Badalona. Xogou na segunda categoría co Obradoiro e posteriormente co Caixa Ourense Baloncesto en 1988. De novo regresou ao Obradoiro CAB na 1ª División B, disputando con este equipo a fase de ascenso en 1990 á Liga ACB fronte ao Júver Murcia, que se saldou con derrota dos santiagueses pero que foi recorrida á xustiza por aliñación indebida. Modrego seguiu unha tempada máis co Obradoiro en 1ª B para despois regresar ao Coren Ourense, co que disputou dúas tempadas na Liga ACB.[2]

Clubs editar

Notas editar

  1. Ortiz Pérez, Javier. "José Luis Modrego: ‘Popocho’ se hizo gallego". endesabasketlover.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2021. Consultado o 05 de outubro de 2021. 
  2. "Trayectoria y logros". acb.com. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar