Pontia daplidice

especie de insecto

Pontia daplidice

Anverso e reverso de macho de P. daplidice
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
(sen clasif.): Ditrysia
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Pieridae
Subfamilia: Pierinae
Tribo: Pierini
Xénero: 'Pontia'
Especie: ''P. daplidice''
Nome binomial
'Pontia daplidice'
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

véxase o texto

Pontia daplidice é unha bolboreta duns catro centímetros de envergadura, femias maiores que os machos, de anverso branco con manchas negras e reverso ouro verde, branco e amarelo, e con dimorfismo sexual. Pertence á familia Pieridae, foi descrita por Carl von Linné en 1758.[1]

É unha bolboreta que se distribúe por África, Europa e Asia, e que voa nunha gran variedade de hábitats e altitudes, aínda que preferentemente en lugares cálidos e secos. Cun marcado carácter migratorio.[2]

O seu estado de conservación non reviste preocupación e non se atopa incluída na Lista vermella da UICN nin no Atlas e libro vermello dos invertebrados ameazados de España.[3]

Descrición editar

As femias miden entre 4,2 e 4,3 cm de envergadura e os machos entre 3,8 e 4,1. O anverso ou cara superior das ás é branco con manchas negras. O reverso é de cor branca as anteriores e ouro verde con nerviación amarela as posteriores.[4]

O anverso das ás anteriores dos machos é branco con mancha negra ao final da cela. Na zona postdiscal aparecen manchas negruzcas entre E3 e E7. Na zona submarxinal, ao final das veas V3 a V7 aparecen manchas irregulares gris cinza. Ás posteriores brancas que trasparentan as formas e manchas do seu reverso.

O reverso alar é branco e ouro verde. As anteriores son brancas coa costa agrisada e unha mancha negra ao final da cela. A zona basal é amarela, e na postdiscal branca aparecen senllos puntos negros en E3 e en E1b, e manchas verdes con escamas amarelas entre os espazos E3 e E7. Tamén manchas desa cor ao final das veas V3 a V7.

As posteriores son ouro verde con manchas brancas ou amareladas. A zona discal ten unha mancha branca na cela, outra en E7 e outra entre E6 e E7. Na zona postdiscal aparece unha pequena mancha esbrancuxada ou amarela en E1b. Na zona submarxinal tamén aparecen manchas brancas en E1b, E1 e de E2 a E5.

As ás das femias son similares, coas manchas de maior tamaño. No anverso das anteriores aparece unha mancha en E1b negra.[5]

Como no resto de especies da súa familia, os imagos teñen a cabeza pequena, con antenas terminadas en maza, e uns palpos ben desenvolvidos. Os tres pares de patas son funcionais. As súas ás anteriores forman un ángulo agudo na súa base, mentres que as posteriores, que teñen unha superficie alar maior, son redondeadas. Son característicos dous nervios anais nas ás posteriores.[6]

Ciclo biolóxico e alimentación editar

 
Eiruga de P. daplidice.

Nos lugares onde o clima é favorable é unha especie trivoltina cunha primeira xeración que voa durante a primavera. A segunda xeración aparece antes do verán e a terceira a finais do verán.[4]

 
P. daplidice sobre dipsacácea.
 
Imago de Pontia daplidice.

As súas plantas nutricias son crucíferas (Sinapis arvensis, Biscutella auriculata, B. valentina, Sisymbrium irio, S. austriacum) e resedáceas (Reseda phyteuma, R. luteola).[7]

A femia pon os ovos de forma individual sobre follas, flores ou sementes da planta nutricia. As eirugas desenvólvense nun mes, excepto as da última xeración que hibernan en estado de crisálide.

Distribución e hábitat editar

Especie cosmopolita, o seu rango de distribución abarca o norte de África e Etiopía, Europa —até o paralelo 66º e máis abundante ao sur dos Alpes—, sur de Rusia occidental e Asia central até Mongolia, Asia Menor, India, Paquistán, Xapón, norte de Tailandia e Cambodia. As poboacións máis setentrionais nútrense das migracións desde o sur e moitos anos, cando as condicións son adversas, son os seus únicos recrutamentos.[7]

O seu hábitat son zonas asolladas, tanto en cerros, bosques, claros de bosque, ribeiras, como en pradarías ou terras en barbeito, con gran cantidade de flores.[4]

Sistemática e taxonomía editar

Inicialmente foi descrita como Papilio daplidice por Linné en 1758. Posteriormente foi adscrita ao xénero Pontia.[8]

Sinonimia
  • Papilio daplidice Linnaeus, 1758
  • Papilio bellidice Brahm, 1804
  • Papilio belemida Hübner, [1836-1838]
  • Pieris daplidice var. albicide Oberthür, 1881
  • ?Leucochloe daplidice var. jachontovi Krulikowsky, 1908
  • Pontia daplidice f. nitida Verity, 1908
  • Leucochloe daplidice f. hiberna Chnéour, 1934
  • Pontia daplidice albidice xene. vern. virescentior Rothschild, 1925
Subespecies
  • P. d. moorei (Röber, [1907])
  • P. d. moorei
  • P. d. avidia (Fruhstorfer, 1908)
  • P. d. amphimara (Fruhstorfer, 1908)
  • P. d. nubicola (Fruhstorfer, 1908)
  • P. d. laenas (Fruhstorfer, 1908)
  • P. d. praeclara (Fruhstorfer)
  • P. d. aethiops (de Joannis & Verity, 1913)
  • P. d. daplidice Winhard, 2000

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Agenjo, R. (1964). "Los nombres vulgares de las mariposas españolas". Graellsia XX: 163–190. 
  • Aguado Martín, L.O. (2007). Las mariposas diurnas de Castilla y León (Lepidópteros ropalóceros) Especies, biología, distribución y conservación I. Valladolid: Junta de Castilla y León. p. 1041. ISBN 978-84-9718-473-1. 
  • Higgins, L. G. e N. D. Riley (1980). Guía de campo de las mariposas de España y Europa. Barcelona: Omega. p. 452. ISBN 84-282-0327-X. 
  • Leraut, Patrice (2007). Insectos de España y Europa. Barcelona: Lynx Edicions. p. 528. ISBN 978-84-96553-27-9. 
  • "The IUCN Red List of Threatened Species. 2011.2". Red List. International Union for Conservation of Nature and Natural Resources (en inglés). 2011. Consultado o 28 de abril de 2012. 
  • Reinchholf-Riehm, Helgard (1985). Guías de Naturaleza Blume. Mariposas. Barcelona: Blume. p. 287. ISBN 84-7031-555-2. 
  • Savela, Markku (2011). "Lepidoptera and some other life forms" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2012. 
  • Verdú, J. R., C. Numa e E. Galante (2011). Atlas y libro rojo de los invertebrados amenazados de España. (Especies vulnerables). Madrid: Verdú, J. R., Numa, C. e Galante, E. (Eds) Dirección General de Medio Natural y Política Forestal, Ministerio de Medio Ambiente, Medio rural y Marino. p. 1318.