Ponte Morandi

ponte en Xénova, Italia

Coordenadas: 44°25′33″N 8°53′20″L / 44.425833333333, 8.8888888888889

O viaduto Polcevera da autoestrada A10, tamén coñecido como ponte Morandi, foi un viaduto que atravesaba o regato Polcevera, ao oeste de Xénova. Atopábase situado entre os barrios de Sampierdarena e Cornigliano.

Ponte Morandi
A Ponte Morandi no ano 2008.
Localización
RíoPolcevera
CidadeXénova
PaísItalia Italia
Características
Construción4 de setembro de 1967
Lonxitude1 182 metros
Ancho40 metros
Gálibo45 metros
MaterialFormigón armado e aceiro

Construción editar

Foi deseñado polo enxeñeiro romano Riccardo Morandi, sendo construído entre 1963 e 1967 pola Società Italiana per Condotte d'Acqua. Foi inaugurado o 4 de setembro de 1967 coa presenza do entón presidente da República Giuseppe Saragat.

Colapso editar

O 14 de agosto de 2018, preto das 11:30 hora local (UTC +2) e durante unha forte tormenta, colapsou unha sección de 210 metros da ponte sobre o regato Polcevera, soportada polo piar occidental da estuctura. Algunhas testemuñas informaron que a ponte foi impactada por un raio antes de colapsar.[1]

Como consecuencia do derrubamento desplomáronse tres camións e varios automóbiles, causando 43 falecidos.[2][3] A maioría dos vehículos caeron sobre o Polcevera, outros desplomáronse sobre os almacéns da compañía eléctrica Ansaldo Energía e sobre as vías do ferrocarril das liñas Xénova - Turín e Xénova - Milán.[4]

De acordo co diario italiano Corriere della Sera, dende 2013 presentáronse en Italia 11 casos de colapso de pontes, incluíndo o de Morandi.[5]

 
Fotografía da Ponte Morandi coa parte colapsada marcada en vermello.

Notas editar

Véxase tamén editar