Polyommatus dorylas

especie de insecto

A Polyommatus dorylas [1] é un lepidóptero ropalócero da familia Lycaenidae.[2]

Distribución editar

Sur e centro de Europa, Turquía e Transcaucasia . Na Península Ibérica distribúese polo centro e norte, preferentemente en zonas montañosas.[2]

Hábitat editar

Lugares herbosos con flores, sobre terreo calcáreo. A eiruga aliméntase de Vulneraria (Anthyllis vulneraria).[1][2]

Período de voo editar

En altitudes elevadas hai unha xeración ao ano entre finais de xuño e agosto. En altitudes máis baixas bivoltina coa primeira xeración en maio e xuño e a segunda a finais de xullo e agosto. Hiberna como larva nova.[2]

Comportamento editar

Eirugas coidadas por formigas como Myrmica scabrinodis, Formica cinerea e Lasius alienus.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Arrizabalaga; et al., eds. (decembro de 2012). "Proposta de noms comuns per a les papallones diürnes (ropalòcers) catalanes" (PDF). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Tolman, Tom; Lewington, Richard. (2011). Mariposas de España y Europa (en castelán). Lynx. ISBN 978-84-96553-84-2. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar