Abrir o menú principal

Ameixa bicuda

especie de molusco
(Redirixido desde "Politapes aurea")
Ameixa bicuda

A ameixa bicuda ou bruxa (Venerupis aurea, Gmelin 1791 [1]; antes Tapes aureus) é unha especie de molusco bivalvo pertencente á familia dos Venéridos (Veneridae), da orde Veneroida.

MorfoloxíaEditar

Moi semellante ás ameixas fina e babosa, adoita ser de menor tameño, con máximos de 4,5 cm. A cuncha é sólida e equivalva, co umbo adiantado cara a metade anterior. A charnela consta de tres dentes en cada valva. A superficie é lisa, con costelas concéntricas e liñas de crecemento á penas visibles.

A cor é amarelada chegando a abrancazada e adoita ter debuxos variados (raias, bandas, manchas) máis escuros que a cor de fondo. Na cara interna, de cor branca sucia e ás veces con tons morados ou marelos, apréciase ben a marca do saco paleal.

Hábitat e bioloxíaEditar

É unha especie común na Ría de Arousa pero menos común que outras ameixas. Vive desde a franxa infralitoral ata profundidades de 40 metros, enterrada nos fondos de area, lama ou grava.

Distribúese na costa europea do Atlántico, no Mediterráneo e Mar Negro.

Importancia pesqueira e comercialEditar

Péscase tanto a pé, co sacho, como con raños desde a embarcación. Vén mesturada con outras ameixas que son o obxectivo dos mariñeiros.

Cocíñase e consómese como as outras ameixas pero resulta moito menos apreciada que estas.

A ameixa bicuda en GaliciaEditar

Tamén recibe os nomes de brava, margarita e de chirla, pero este último nome pode crear confusión con outro molusco común no Mediterráneo que recibe, en castelán, o mesmo nome (Chamelea gallina).

Segundo Ríos Panisse, o apelativo de bicuda obedece á forma puntiaguda da unión das valvas. Diferentes peixes, como a maragota ou certas raias, reciben tamén esta denominación por algún carácter morfolóxico aguzado.

NotasEditar

  1. Este é o nome científico oficial en España, segundo a Secretaría Xeral de Pesca en 2012 (Resolución de 28 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establece e se publica a listaxe de denominacións comerciais de especies pesqueiras e de acuicultura admitidas en España (BOE nº 148, de 21.06.2012) [1]). Non obstante, a Consellería de Pesca daba este nome como obsoleto en 1999, e como denominación actual o de Paphia aurea, pero o O World Register of Marine Species [2] considera que o nome científico válido actualmente é o de Polititapes aureus (Gmelin, 1791).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar