O termo poliléctico refírese ás abellas que non están especializadas na recolección de pole e que usan moitas plantas de diversos grupos taxonómicos. A abella común (Apis mellifera) é quizais o mellor exemplo dunha abella poliléctica.

Andrena nasonii, abella poliléctica

A maioría dos abesouros son tamén polilécticos. Estes insectos recolectan unha gran variedade de poles no curso das diferentes estacións do ano.

As abellas polilécticas mostran, porén, un alto grao de fidelidade cara a unha determinada flor, é dicir, poden dedicarse principalmente a unha soa especie durante varios días, e despois cambiar a outra especie diferente.

Pola contra, o termo oligoléctico refírese ás abellas que se limitan a unhas poucas especies de plantas do mesmo xénero ou aínda da masma familia.

O termo monoléctico refírese ás abellas que recolectan pole dunha soa especie.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Proctor, M., Yeo, P. & Lack, A. (1996): The Natural History of Pollination. Portln, Oregón: Timber Press. ISBN 0-8819-2352-4.

Outros artigos editar