Oligoléctico

tipo de polinización

O termo oligoléctico úsase para referirse ás abellas que recolectan pole dun número limitado de especies de plantas, en xeral, membros dun só xénero.[1]

Andrena, subxénero Gonandrena, especialista en polinizar o xénero Cornus

Pero tamén pode estenderse aos xéneros dunha soa familia, ou estar limitado a unha soa especie, en cuxo caso é máis correcto chamalas monolécticas.

As especies das familias dos andrénidos e os halíctidos son predominantemente oligolécticas.[2]

O termo refírese unicamente é recolección de pole. Por iso cómpre notar que unha abella oligoléctica pode visitar flores de moitas outras especies para a recolección de néctar.

  1. Michener, C. D. (2007): The Bees of the World, 2ª ed. Baltimore, Maryland: Johns Hopkins University Press, pp. 19-21.
  2. Robert John Paxton (2005). "Male mating behaviour and mating systems of bees: an overview". Apidologie 36: 145–156. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Proctor, M., Yeo, P. & Lack, A. (1996).: The Natural History of Pollination. Portland, Oregón: Timber Press. ISBN 0-8819-2352-4.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar