Polígono industrial do Acevedo
polígono industrial en Cerceda
O polígono industrial do Acevedo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situado no concello de Cerceda.
Polígono industrial do Acevedo | |
---|---|
Parque acuático de Cerceda, no polígono do Acevedo. | |
Tipo | polígono industrial |
Data de fundación | 1999 |
En | Cerceda |
País | Galicia |
43°10′33″N 8°28′24″O / 43.175972222222, -8.4733333333333 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e descrición editar
A primeira fase deste polígono foi promovida por Xestur e inaugurada en 1999. Un ano antes empezara a súa actividade a fase 2. O baixo prezo do solo e o Plan Miner do Ministerio de Industria fomentaron o crecemento desta área industrial.[1]
- Fase I (1999): 68.241 metros cadrados
- Fase II (1998): 377.392 metros cadrados
En marzo de 2011 inaugurouse un Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico que, seis anos despois, seguía sen uso; así, en abril de 2017 anunciou a decisión de converter o predio nun viveiro de empresas.[2]
Accesos editar
- Estrada provincial 2403
- Estrada Cerceda - Ordes
Notas editar
- ↑ "Polígono industrial O Acevedo, en Cerceda.". www.ingestin.com (en castelán). Consultado o 2017-05-06.
- ↑ "El Centro Tecnolóxico de Cerceda será un vivero de empresas". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-04-18. Consultado o 2017-05-06.