Polígono industrial de Penapurreira

Coordenadas: 43°26′38″N 7°55′37″O / 43.4439873, -7.9270177 O Polígono industrial de Penapurreira é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello das Pontes de García Rodríguez.[1] Recibe o seu nome da aldea de Pena Porreira, da parroquia de Vilavella.

DescriciónEditar

 
Arteixo Telecom en Penapurreira.

Foi creado polo IGVS entre 1998 e 2001, cofinanciado pola Xunta de Galicia, Endesa e o Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón. Está xestionado por Xestur Coruña.

Ten 822 287 metros cadrados de superficie en tres fases:

  • Primeira con preto de 400 000 metros cadrados.
  • Segunda de 145 000 m²
  • Terceira (Fase C) 288 096 m²

A superficie total está repartida do seguinte xeito:

  • Industrial: 532 980 m²
  • Social: 15 064 m²
  • Deportiva: 15 602 m²

Neste polígono teñen a súa sede empresas como Einsa, Arteixo Telecom ou Galparquet.

Ten accesos á AC-42, que conecta a 5 km coa AG-64 (Ferrol-Vilalba)

NotasEditar