Vilavella, As Pontes de García Rodríguez
parroquia civil do concello das Pontes de García Rodríguez
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilavella.
Santa María de Vilavella é unha parroquia que se localiza no sur do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2019 tiña 167 habitantes (87 homes e 80 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2014 cando tiña 179 habitantes.
Vilavella | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Vilavella. | |
Concello | As Pontes de García Rodríguez[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°26′28″N 7°52′03″O / 43.441, -7.8674 |
Poboación | 179 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editar- Igrexa de Santa María de Vilavella. De planta rectangular dunha soa nave, con ábsida rectangular e pórtico cuberto soportado por dous piares no lateral esquerdo. Da edificación orixinaria do século XIII só se conserva parte do lateral esquerdo. Ten retablo maior barroco.