Os yolŋu son un grupo aborixe australiano que habita no nordeste da Terra de Arnhem, no Territorio do Norte de Australia. Yolŋu quere dicir "persoa" nas linguas yolŋu. O termo murngin foi empregado antigamente por algúns antropólogos para falar dos yolŋu.[1][2]

Pobo yolŋu
201000 - Opening Ceremony Yothu Yindi perform 2 - 3b - 2000 Sydney opening ceremony photo.jpg
Mandawuy Yunupingu, membro do grupo de música yolŋu Yothu Yindi.
Poboación
Poboación total:
Rexións principais:
Aspectos culturais
LinguaLinguas yolŋu (dhaŋu-djaŋu, nhaŋu, dhuwal, ritharŋu, djinaŋ, djinba), lingua de sinais yolŋu
RelixiónRelixión tradicional e cristianismo
Grupos
relacionados
aborixes australianos

Lei yolŋuEditar

O complexo sistema legal dos yolŋu coñécese como Maḏayin. O Maḏayin inclúe toda a lei das persoas, os instrumentos e os obxectos, os ditados orais, nomes e cancións e outros aspectos da vida.

HistoriaEditar

Os yolŋu mantiñan boas relacións comerciais, durante centos de anos, cos pescadores da illa indonesia de Makassar. Algúns yolŋu viaxaron a Sulawesi con makassares e voltaron,[3] ou, mesmo chegaron até a China.[4]

Contacto cos europeosEditar

Os yolŋu entraron en contacto cos europeos antes da chegada dos británicos a Australia cos seus contactos cos comerciantes makassares dende probablemente o século XVI. O nome dos yolŋu para referirse ós europeos é balanda, que deriva de "Holanda".

NotasEditar

  1. Roy Willis, Signifying Animals: Human Meaning in the Natural World (Psychology Press, 1994: ISBN 0415095557), p. 80.
  2. Richard B. Lee and Richard Heywood Daly, The Cambridge Encyclopedia of Hunters and Gatherers (Cambridge University Press, 1999: ISBN 052157109X), p. 367.
  3. Swain 1993, p. 170
  4. Needham, Joseph (1971). Science and civilisation in China 4. Cambridge University Press. p. 538. ISBN 0521070600. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar