Pobo qʼeqchiʼ

pobo indíxena maia

Os qʼeqchiʼ son un pobo indíxena de cultura maia que habita en Guatemala e Belize, e cuxa lingua tamén é chamada qʼeqchiʼ.

Pobo qʼeqchiʼ
Nenos qʼeqchiʼ.
Poboación
Poboación total:
Total: 900 000[1]
Rexións principais:
Guatemala852 998
Belize11 143
México834
O Salvador245
Honduras?
Aspectos culturais
LinguaLingua qʼeqchiʼ, castelán, inglés e crioulo belicense
RelixiónMaioría ortodoxa ou ortodoxa oriental en Guatemala occidental,[2] evanxélicos, menonitas, relixión maia, católicos en Belize e no norte e o leste de Guatemala, O Salvador e México)

Antes do comezo da conquista española de Guatemala en 1520, os asentamentos qʼeqchiʼ estaban concentrados no que hoxe son os departmentos de Alta Verapaz e Baja Verapaz. Ó longo dos séculos, unha serie de desprazamentos, relocalizacións, persecucións e migracións xeraron unha certa dispersión das comunidades qʼeqchiʼ noutras rexións de Guatemala (Izabal, El Petén, El Quiché), no sur de Belize (distrito de Toledo), e pequenas poboacións no sur de México (Chiapas, Campeche).[3] Malia que contan cunha notable presenza no norte de Alta Verapaz e o sur de Petén,[4] os falantes de lingua qʼeqchiʼ son os máis amplamente espallados xeograficamente de todos os pobos maias de Guatemala.[5]

  1. Instituto Nacional de Estadística, ed. (2002). "XI Censo Nacional de Población y VI de Habitación (Censo 2002) - Pertenencia de grupo étnico". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2011. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2017. Consultado o 06 de marzo de 2017. 
  3. See Kahn (2006, pp.34–49) for an account of Q'eqchi' migrational history and the impetus behind these movements, and in particular pp.41–42.
  4. "Q'eqchi': a language of Guatemala".  en Ethnologue (Gordon 2005).
  5. Kahn (2006, p.34)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar