Pobo mokaná

pobo indíxena de Colombia

Os mokaná (tamén chamados mocaná) son un pobo indíxena que vive no departamento Atlántico de Colombia. Son a única comunidade indíxena do departamento.[2] A lingua mokaná, parte da familia lingüística malibú, é unha lingua extinta da que só se conservan 500 palabras.[3]

Pobo mokaná
Poboación
Poboación total:
37 099 (censo de 2018)[1]
Rexións principais:
ColombiaAtlántico
Aspectos culturais
LinguaCastelán e mokaná (extinta)
RelixiónCristianismo

Historia editar

O primeiro contacto entre os mokaná e os europeos ocorreu en 1529 cando o conquistador Jerónimo de Melo liderou unha expedición dende Santa Marta até Malambo, un asentamento do río Magdalena nomeado polo cacique mokaná Pedro Malambo, quen gobernaba alí naquela época.[4] Os mokaná convertéronse ó cristianismo no século XVI.

En 1766, a Coroa española garantiu ós mokaná a propiedade de 17 500 hectéreas de terra por decreto real.[3] Durante as guerras de independencia hispanoamericanas, os mokaná loitaron na campaña de Magdalena de 1812 no asedio de Cartaxena de Indias en 1821.[4]

O 2 de maio de 1998, os mokaná foron recoñecidos oficialmente como un grupo étnico polo Goberno de Colombia.[3]

Notas editar

  1. DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021. 
  2. "Lo que cuenta la ‘piedra pintada’ de los indígenas Mokaná". elheraldo.co (en castelán). El Heraldo. Consultado o 20 de setembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 ALVARO OVIEDO. "EN BUSCA DE ELDORADO... EN ESPAÑA". eltiempo.com (en castelán). Editorial El Tiempo. Consultado o 20 de setembro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 Álvaro Baquero Montoya; Ada de la Hoz Siegler (xullo de 2011). "La historia de los Mokaná. Un capítulo de la historia en la región Caribe Colombiana" (PDF). Memorias (en castelán) (Baranquilla, Colombia: Universidad del Norte) (8-14). ISSN 1794-8886. Consultado o 20 de setembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar