Pobo charrúa

pobo indíxena do Uruguai

O pobo charrúa é un pobo indíxena de América do Sur que habita no actual Uruguai[4] e nas áreas adxacentes da Arxentina (Entre Ríos) e o Brasil (Río Grande do Sur).[5][6] Era un pobo seminómade que se sustentaba principalmente coa caza e a recolección. Dado que os recursos non eran permanentes en todas as rexións, estaban constantemente en movemento.[7] A choiva, a seca e outros factores ambientais determinaban os seus movementos. Por este motivo adoitan clasificarse como nómades estacionais.[7]

Pobo charrúa

Debuxo dun guerreiro charrúa de Jean-Baptiste Debret en 1823.
Instancia depobo indíxena Editar o valor en Wikidata
Poboación totalc. 50.000
Lingua maternaCharrúa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLinguas charrúas
RelixiónAnimismo
CoincidenteYaros (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelacionadosChaná e guaranís
Localización
País de orixeArxentina e Brasil Editar o valor en Wikidata
Rexións principais
Uruguai32 863 (1% da poboación segundo o último censo) (2011)[1]
Arxentina14 649 (2010)[2]
Brasil42 (2014)[3]
Fontes e ligazóns
Wikidata ] C:Commons ]
Mapa dos territorios ocupados por algúns grupos indíxenas do Río da Prata ao momento da chegada dos conquistadores españois.

O pobo charrúa foi masacrado nunha campaña en 1831 polas forzas coloniais no Uruguai coñecida como masacre de Salsipuedes. Aínda que foron, en gran parte, borradas das historias modernas, algunhas comunidades de charrúas sobreviviron fóra do Uruguai na Arxentina e o Brasil. Crese que hai aproximadamente entre 160.000 e 300.000 individuos no Uruguai, a Arxentina e o Brasil hoxe en día que son descendentes dos charrúas sobreviventes.[8] Os descendentes contemporáneos dos charrúas crearon organizacións e defenden a memoria dos pobos indíxenas.

  1. Pablo Albarenga (2017-10-24). "Un país sin indios". El País. 
  2. "Censo Nacional de Población, Hogares y Viviendas 2010" (PDF) (en castelán). 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de abril de 2016. Consultado o 23 de maio de 2017. 
  3. "Quadro Geral dos Povos - Povos Indígenas no Brasil". pib.socioambiental.org (en portugués). Consultado o 2018-11-26. 
  4. Renzo Pi Hugarte. "Aboriginal blood in Uruguay" (en castelán). Raíces Uruguay. Consultado o 2 de febreiro de 2015. 
  5. Burford 2011, p. 16.
  6. Alayón, Wilfredo (28 de marzo de 2011). "Uruguay and the memory of the Charrúa tribe". The Prisma. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  7. 7,0 7,1 Acosta y Lara, Eduardo, F. El Pais Charrua. Fundacion BankBoston, 2002.
  8. Alayón, Wilfredo (28 de marzo de 2011). "Uruguay and the memory of the Charrúa tribe". The Prisma. Consultado o 20 de decembro de 2011.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar