PoSAT-1

primeiro satélite portugués
(Redirección desde «PoSAT 1»)

PoSAT 1, acrónimo de Portugal Satellite 1, foi o primeiro satélite artificial de Portugal, lanzado o 26 de setembro de 1993 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou.[1][2][3][4]

PoSAT-1
TipoSatélite artificial
OrganizaciónConsorcio PoSAT
Data de lanzamento26 de setembro de 1993[1][2]
Foguete portadorAriane 4[2][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[2][3][4]
Obxectivo da misiónExperimental.[2][3][4]
NSSDC ID1993-061G
Datos orbitais
Semieixo maior7165 km[1]
Inclinación98,8°[1]
Apoapse802,2 km[1]
Periapse786,7 km[1]

Características editar

PoSAT 1 foi un pequeno satélite experimental deseñado para obter imaxes desde órbita, determinar a súa propia posición mediante GPS e probar novas técnicas de compresión de datos. Foi construído pola Universidade de Surrey (Reino Unido) dentro dun programa colaborativo entre un consorcio educativo e industrial portugués (o Consorcio PoSAT) e a universidade, xestionado a través da compañía de transferencia tecnolóxica desta última, Surrey Satellite Technology.[1][2][3][4]

O satélite levaba tres instrumentos a bordo:[1][2][3][4]

  • Sistema de Imaxes da Terra (EIS): un sistema de dúas cámaras con CCD cun procesador para comprimir as imaxes a bordo antes de envialas a terra. Unha das cámaras tiña unha resolución de 2 km, mentres que a outra a tiña de 200 m.
  • Sensor estelar: baseado na mesma tecnoloxía que EIS pero optimizada para obter imaxes das estrelas e determinar a posición do satélite.
  • Experimento de navegación GPS.
  • Experimento de raios cósmicos: para detectar a radiación da contorna especial arredor do satélite e medir os seus efectos na electrónica de a bordo.
  • Experimento de procesamento dixital de sinal: composto por dous procesadores usados como módem programable para optimizar as comunicacións con terra.
  • Comunicacións de gardar e enviar: un sistema de almacenamento de datos a bordo e envío a petición cara terra usando o protocolo AX25, permitindo a estacións de terra con equipamento sinxelo e barato utilizar o satélite como enlace entre diferentes puntos da Terra.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "POSAT 1" (en inglés). Consultado o 28 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "POSAT 1" (en inglés). Consultado o 28 de setembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "PoSAT 1 (POSAT-OSCAR 28, PO 28)" (en inglés). Consultado o 28 de setembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Mark Wade (2023). "PoSAT 1" (en inglés). Consultado o 28 de setembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar