Pluto (manga)

serie manga de Naoki Urasawa

Pluto é unha serie manga xaponesa escrita e ilustrada por Naoki Urasawa. Foi serializada na revista Big Comic Original de Shogakukan dende setembro de 2003 até abril de 2009, cos seus capítulos reunidos en oito volumes tankōbon. A serie está baseada en Astro Boy de Osamu Tezuka, concretamente en "O maior robot da Terra" (地上最大のロボット Chijō Saidai no Robotto?), e recibe o nome do principal malvado. Urasawa reinterpreta a historia como un misterio de asasinato con suspense protagonizado por Gesicht, un detective robot da Europol que intenta resolver o caso dunha serie de mortes de robots e humanos. Takashi Nagasaki está acreditado como coautor da serie. Macoto Tezka, o fillo de Osamu Tezuka, supervisou a serie, e Tezuka Productions figura como cooperante.

Pluto
プルートウ
(Purūtō)
XéneroMisterio[1]
Ciencia ficción
Suspense[1]
Superheroes[2]
Manga Pluto
Creado por Naoki Urasawa
Editor Big Comic Original
Publicado en Shogakukan
Primeira edición 5 de setembro de 2003
Última edición 4 de abril de 2009
Núm. de volumes 8
Anime Pluto
Dirixido por Toshio Kawaguchi
Estudio Studio M2
Canle televisiva Netflix
Primeira emisión 26 de outubro de 2023
Última emisión -
Núm. de capítulos 8

Creouse unha serie de anime producida por Genco con servizos de produción de animación de Studio M2, a cal se estreou en Netflix en outubro de 2023.

Pluto foi un éxito da crítica e comercial, gañando varios premios, incluíndo o noveno Premio Cultural Tezuka Osamu, e vendendo máis de 8,5 millóns de copias.

Sinopse editar

Pluto conta a historia do detective robot Gesicht, da Europol, e os seus intentos de resolver o caso dunha serie de mortes de robots e humanos en todo o mundo onde todas as vítimas teñen obxectos metidos ou colocados pola cabeza, imitando cornos. O caso faise máis desconcertante cando as probas suxiren que un robot é o responsable dos asasinatos, o que sería a primeira vez que un robot mata un humano en oito anos. Os sete grandes robots do mundo (os máis avanzados cientificamente que teñen o potencial de converterse en armas de destrución masiva) parecen ser os obxectivos do asasino, e os humanos asasinados están conectados coa preservación das Leis Internacionais de Robots que outorgan aos robots iguais dereitos.

Adaptacións editar

Cinema editar

Universal Pictures e Illumination adquiriron os dereitos de Pluto en 2010 para a produción dun filme de acción en vivo/CGI.[3] Dende entón non xurdiron novas do proxecto.

Anime editar

En xuño de 2017, anunciouse no Festival Internacional de Cinema de Animación de Annecy unha adaptación anime por parte do Studio M2.[4] En maio de 2022, o fundador de Studio M2 Masao Maruyama confirmou que a adaptación aínda estaba en produción.[5] Toshio Kawaguchi é o director da serie, con Urasawa como asesor creativo. Shigeru Fujita deseñou os personaxes e exerce como director supervisor da animación, e Yugo Kanno compuxo a música. A serie estreouse exclusivamente en Netflix o 26 de outubro de 2023 e consta de oito episodios.[6] Cada episodio foi producido coa axuda doutro estudo e adapta un dos volumes do manga.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The Official Website for Pluto: Urasawa x Tezuka". Viz Media. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  2. Thompson, Jason (13 de setembro de 2012). "Jason Thompson's House of 1000 Manga - Pluto". Anime News Network. Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  3. Manry, Gia (20 de outubro de 2010). "Universal, Illumination Get Film Rights for Urasawa's Pluto Manga". Anime News Network. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  4. Sherman, Jennifer (14 de xuño de 2017). "Pluto Anime, New Patlabor EZY Anime Series Projects Revealed". Anime News Network. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2017. Consultado o 10 de maio de 2022. 
  5. Harding, Daryl (29 de maio de 2022). "Anime Producer Masao Maruyama Confirms Status on the Pluto Anime". Crunchyroll. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2022. Consultado o 28 de outubro de 2022. 
  6. Pineda, Rafael Antonio (1 de xullo de 2023). "Pluto Anime's New Trailer Reveals October 26 Debut; More Cast, Staff (Updated)". Anime News Network. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2023. Consultado o 7 de xullo de 2023.