Plectropterus gambensis

(Redirección desde «Plectropterinae»)

Plectropterus gambensis
Spur-winged Geese (Plectropterus gambensis niger) male.jpg
Macho de P. g. niger en Suráfrica
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Plectropterinae
Phillips, 1922
Xénero: Plectropterus
Stephens, 1824
Especie: P. gambensis
Nome binomial
Plectropterus gambensis
(Linnaeus, 1766)
Área de distribución de P. gambensis     Área de ocupación permanente.

Área de distribución de P. gambensis     Área de ocupación permanente.
Subespecies
Véxase o texto

Plectropterus gambensis é unha especie de ave anseriforme da familia dos anátidos, a única da subfamilia dos plectropterinos.[2]

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A especie foi descrita en 1766 por Linneo na 12ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Anas gambiensis.[3][4]

SinónimoEditar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[3][4]

SubespeciesEditar

Recoñécense dúas subespecies:[3]

  • Plectropterus gambensis gambensis (Linnaeus, 1766)
  • Plectropterus gambensis niger Sclater, 1877

CaracterísticasEditar

 
En voo

É un ganso grande, propio de África, que pesa entre os 4 e os 6 kg.

Relacionado cos membros da subfamilia dos tadorninos (e moitas clasificacións considárano dentro dela),[5] pero presenta varios trazos anatómicos que para algúns son suficientes para encadralo nunha subfamilia propia.[Cómpre referencia]

Unha característica destacábel é a presenza de dous esporóns aguzados e rectos no bordo anterior das ás cos que pode golpear e defenderse.

DistribuciónEditar

Ocupa a interfase de ecosistemas terrestres e acuáticos da África subsahariana.[1]

AmeazasEditar

A especie está ameazada pola caza incontrolada (o descenso da súa poboación en Botsuana atribuíuse á caza fóra das áreas protexidas).[6] A especie é cazada e comercializada nos mercados de medicina tradicional en Nixeria.[7]

Estado de conservaciónEditar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, colnsidrando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamrente grande e quj, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia poboacional parece estar en aumento e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia poboacional, e que o tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, cualifica o status da especie como LC (puco preocupamte).[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Plectropterus gambensis na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 22 de outubro de 2022.
  2. Phillips, John C. (1922): A natural history of the ducks, p. 49.
  3. 3,0 3,1 3,2 Plectropterus gambensis (Linnaeus, 1766) no GBIF. Consultado o 22 de outubro de 2022.
  4. 4,0 4,1 Plectropterus gambensis (Linnaeus, 1766) na BioLib. Consultada o 22 de outubro de 2022.
  5. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes
  6. Hockey, P. A. R., Dean, W. R. J. & Ryan, P. G. (2005): Roberts birds of southern Africa. Trustees of the John Voelcker Bird Book Fund, Cape Town, South Africa.
  7. Nikolaus, G. (2001): "Bird exploitation for traditional medicine in Nigeria". Malimbus 23: 45-55.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros atrigosEditar

Ligazóns externasEditar