Planeta furancho foi un programa radiofónico emitido por Radio Galega Música de luns a venres entre os anos 2009 e 2015.[1]

Estaba presentado por Vituco Neira, guitarrista e cantante do grupo Ruxe Ruxe e dedicado á difusión da música en galego, e en certo modo era continuador do programa Aberto por reformas. En febreiro de 2015 Vituco Neira anunciou que o 29 de maio dese ano, e despois de máis de 1400 programas, estaba prevista a última emisión do programa, o que provocou protestas e mobilizacións do sector musical galego,[1][2] chegando incluso ao Parlamento de Galicia.[3]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Músicos e ouvintes mobilízanse por Planeta Furancho". 26 de maio de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  2. "Esixen con música que a CRTVG repoña “Planeta Furancho” e “Aberto por reformas”". Sermos Galiza. 24 de maio de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  3. "A CRTVG resta importancia á fin de 'Planeta Furancho' polo seu "seguimento minoritario”". 30 de xuño de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.