Radio Galega Música
Radio Galega Música é unha emisora pública galega integrada na Corporación de Radio-Televisión de Galicia que comezou a emitir o 3 de marzo de 2004[1] por FM, DAB e Internet.
Radio Galega Música | |
---|---|
Tipo | emisora de radio |
Data de fundación | 17 de maio de 2004 |
País | España |
Na rede | |
Webcast | |
https://www.crtvg.es/rg | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarEmite en formato radiofórmula, aínda que na súa programación tamén teñen cabida as clases para adultos e de galego, así como programas de divulgación musical, como o clásico Lume na palleira.
Desde a mudanza da súa dirección en 2009,[2] a presenza na emisora de grupos e cantantes en lingua galega foise reducindo,[3] ocupando en 2021 menos dun terzo do tempo emitido.[4] Este feito envolveu a emisora na polémica,[5] ao considerar algúns grupos políticos que non se están a cumprir o artigo terceiro dos propios estatutos da CRTVG.[6]
Imaxe corporativa
editar-
Logo dende 2004 ata 2006
-
Logo dende 2006 ata 2019
-
Logo dende 2019
Notas
editar- ↑ Historia da Radio Galega-Historia-CRTVG
- ↑ "Feijoo designa a Sánchez Izquierdo para la CRTVG sin consenso político". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-05-21. Consultado o 2023-03-25.
- ↑ "Desconcierto alerta da desaparición da programación de RG Música". Praza Pública. 2013-01-22. Consultado o 2023-03-25.
- ↑ Perez, Samuel (2021-12-29). "A música en galego só ocupará o 30% na Radio Galega Música". Neofalantes. Consultado o 2023-03-25.
- ↑ Diario, Nós (2021-12-28). "Radio Galega Música limita a 30% os temas musicais en galego". Nós Diario. Consultado o 2023-03-25.
- ↑ "Estatutos da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A." (PDF). 2016.