Plan Bakker-Schut
O plan Bakker-Schut foi un plan de anexión de territorios de Alemaña esbozado polos Países Baixos trala segunda guerra mundial.
Descrición
editarO nome do plan proviña do nome dos membros da comisión holandesa encargada de redactar dito proxecto. Consistía nunha serie de reparacións económicas mais tamén incluía a anexión dalgúns territorios alemáns. Na súa forma máis ambiciosa incluía cidades como Aquisgrán, Münster ou Osnabrück. De ter realizado, o plan supoñería para Holanda dun aumento de máis do 30 % do seu territorio.
Moitos alemás que vivían en Holanda foron considerados "suxeitos inimigos" e internados en campos de concentración na chamada operación tulipán negro. Destes, 4.000 foron deportados de Holanda. Como resposta a esta operación, o Alto Comisionado Aliado expulsou a miles de cidadáns holandeses residentes en Alemaña. O plan Bakker-Schut prevía tamén a expulsión de toda a poboación local a excepción dos alemáns que falaban o dialecto baixo alemán, lingua asimilable ao lingua neerlandesa.
Rexeitamento do Plan
editarEn 1947, o Alto Comisionado Aliado de Alemaña rexeitou de pleno o proxecto holandés. Os aliados estaban desbordados pola chegada de refuxiados alemáns á Alemaña (entre 12 e 14 millóns[1]) e non estaban dispostos a que houbesen máis desprazamentos de poboacións.
A conferencia de Londres do 23 de abril de 1949 permitiu non obstante realizar pequenos axustes fronteirizos a favor de Holanda. Ese mesmo día, tropas holandesas ocuparon zonas correspondentes a unha versión reducida do plan C do Plan Bakker-Schut. A maioría dos territorios ocupados fóronselle devoltos logo a Alemaña o 1 de agosto de 1963, agás o pequeno pobo de Wyler.
Notas
editar- ↑ "Exhibición en Berlín reabre feridas". BBC 13 de agosto de 2006 (en español). Consultado o 14 de xaneiro de 2010.