Abrir o menú principal

Pixie, Dixie and Mr. Jinks

Serie de debuxos animados

Pixie, Dixie and Mr. Jinks (coñecidos normalmente en Galiza coma Pixie e Dixie) é unha serie de animación editada para televisión e producida polos Estudios de Animación de Hanna-Barbera (debuxos dirixidos e producidos por William Hanna e Joseph Barbera).
As súas aventuras foron emitidas polas televisións sindicadas estadounidenses en 1958 conxuntamente cos episodios de Huckleberry Hound e mais do Oso Yogi. As tres series formaban O Show de Huckleberry Hound. Show que se siguiu emitindo até 1962. Tralo abandono de Yogi en 1960 do show, Pixie, Dixie e Jinks, contaron cun novo compañeiro o Lobo Hokey.

Non se traduciron ao galego, de feito en Galiza só se emitiu en TVE coa simpática dobraxe hispana. Cada episodio dura uns sete minutos por episodio. Contou con tres tempadas e un total de 56 capítulos.

ArgumentoEditar

A trama de Pixie, Dixie e o gato Jinks garda certa semellanza coa da serie de Tom e Jerry; pero cun nivel de violencia menor. Os ratos fartos de ser perseguidos polo gato cunha vasoira mollada, sempre están a argallar come se vingar do micho e poder conseguir o queixo que tanto arelan. Por outra banda Pixie, Dixie e Jinks si poden falar, mentres que Tom e Jerry non.
De feito a serie acouga máis nos diálogos que na acción, por mor ao reducido do orzamento.
Un elemento importante da trama consiste nas explicacións dadas aos televidentes por Jinks sobre os seus plans para apañar a Pixie e mais a Dixie. Porén os seus intentos por apañalos son semepre anulados pola intelixencia dos roedores.[1]

DobraxeEditar

Non se dobrou ao galego. Característica notábel na dobraxe mexicana da serie son os acentos dos personaxes.

Pixie, Dixie e Mr. Jinks noutras linguasEditar

  • Portugués:Plic, Ploc & Chuvisco
  • Francés: Pixie, Dixie et Jules
  • Alemán: Pixie und Dixie
  • Húngaro: Inci és Finci
  • Italiano: Pixi, Dixi e Ginxi
  • Xaponés: チュースケとチュータ (Chūsuke to Chūta)
  • Checo: Pišta a Fišta (Mr. Jinks es llamado Bigotón)
  • Polonés: Pixie, Dixie i Pan Jinks
  • Turco: Bıcır, Gıcır & Tırmık
  • Serbio: Piksi i Diksi

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Markstein Toonopedia Pixie & Dixie Referencias
  2. Información localizada na Páxina Dobraxes en Español Sección H Hanna Barbera Cartoons Http documento Html en sofoca.cl/doblaje/H/hannabarbera

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar