Abrir o menú principal

Dialecto andaluz

dialecto do castelán
Área de uso do dialecto andaluz.

O andaluz[1] é un dialecto[2] ou variedade lingüística histórica da lingua castelá, falada en Andalucía, Ceuta e Melilla e por andaluces emigrados principalmente a outras cidades españolas. Tamén é falado en Xibraltar e convive en Portugal, nas poboacións limítrifes con Huelva. Linguísticamente, comparte moitas características coas variedades usadas en zonas de Estremadura, Castela-A Mancha e a Rexión de Murcia. Existen numerosos rexistros do dialecto andaluz no Atlas lingüístico e etnográfico de Andalucía. Tamén é denominado «modalidade lingüística andaluza».

Índice

Aspectos sociais e culturaisEditar

Diversidade interna do andaluzEditar

O andaluz é un dialecto oral que nunca foi unificado nin normalizado oficialmente. Por iso, os seus trazos característicos presentanse de maneira distinta ao longo do territorio de Andalucía, o que a súa vez dificulta a creación dunha normativa xeral. Esta diversidade interna fai que algúns estean en contra da denominación de «dialecto andaluz», preferindo referirse a realidade da rexión usando o termo «falas andaluzas».

Consideración socialEditar

O «mal falar» dos andaluces e a diglosiaEditar

Motivos históricos, sociais e políticos levaron a crer a moitos españois, entre eles incluso andaluces, que o andaluz non é un dialecto, senón unha basta e aleatoria deformación da lingua castelá. É común, por exemplo, usar o andaluz en diálogos humorísticos de certos personaxes buscando un efecto cómico. De esta maneira, existiu tradicionalmente unha visión negativa do dialecto andaluz por parte dos falantes doutras linguas ou variedades lingüísticas de España. De feito, existen referencias que desprezan, rexeitan ou condenan ao andaluz dende comezos do século XVI. Dende o século XIX a concepción negativa do andaluz apoiouse en dúas creenzas erróneas:

  • O andaluz é unha «deformación vulgar» do castelán «correcto», o cal é unha idea extralingüística.
  • O andaluz é produto da ignorancia e do atraso cultural dos andaluces, o que obviaba dous feitos fundamentais. A antigüidade dos trazos dialectais andaluces é moi anterior á crise socioeconómica andaluza, e o feito de que o andaluz non só se caracteriza polas súas características fonéticas, senón tamén por un abundante léxico propio e por características morfosintácticas e semánticas peculiares.

Estas ideas parecen ligadas ao feito de que moitos falantes de variedades septentrionais entraron en contacto co dialecto andaluz por medio de inmigrantes e obreiros con pouco prestixio social, movidos a áreas industriais do norte. O baixo prestixio adxudicado a esas persoas e a marxinación da que foron obxecto estendeuse ás variedades lingüísticas faladas por eles. Ese desprestixio e discriminación foi obxecto de diversas declaracións políticas polémicas.[3]

Consideración institucionalEditar

Dende o punto de vista legal e institucional, o dialecto andaluz é definido como «modalidade lingüística andaluza», polo Estatuto de Autonomía de Andalucía de 2007 e pola Consellería de Educación e Ciencia da Xunta de Andalucía, carecendo dun órgano lingüístico oficial ou academia que o regule dende a Xunta de Andalucía.

Emporiso, isto non tivo reflexo nos centros educativos, onde se soe corrixir aos estudantes que fan uso de el.[4]

O andaluz na música popularEditar

O andaluz emprégase como elemento insubstituíble nas letras do flamenco e na música andaluza tradicional, como queda recollido na obra de Antonio Machado Álvarez "Demófilo" El folk-lore andaluz, do 1883.

Na actualidade, son cada vez mais numerosos os grupos musicais andaluces que deciden compoñer as súas letras en andaluz. Os exemplos mais modernos poden ser Chambao, Los Delinqüentes, Mojinos Escozíos, Jesuly, O'funk'illo, Er Koala, Hora Zulu ou El Lunático entre outros moitos.

NotasEditar