Pilro minúsculo
Pilro minúsculo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Plumaxe de verán | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Erolia minutilla |
O pilro minúsculo ou pilriño miúdo (Calidris minutilla) é a ave costeira máis pequena, de aí o seu nome (do latín medieval minutilla, 'moi pequeno').[2]
DescriciónEditar
Ten patas verdosas e curtas e peteiro fino e escuro. Os adultos reprodutores son marróns con liñas marrón escuras na parte superior e brancos pola parte inferior. Teñen unha liña clara sobre o ollo e unha parte superior da cabeza escura. En inverno son grises na parte superior. Os individuos novos teñen padróns máis vistosos na parte superior con coloración avermellada e liñas brancas.
Esta especie pode ser difícil de distinguir doutras aves costeiras diminutas similares. En particular, o pilro minúsculo é moi similar á especie correspondente asiática, Calidris subminuta, da cal se diferencia pola súa aparencia máis compacta con pescozo máis curto, dedas máis curtas, ter cores algo máis apagados e unha barra na á máis forte.
Reprodución e migaciónEditar
O seu hábitat reprodutor son os lamazais e a tundra do norte de Norteamérica. Aniña no chan preto da auga. A femia pon catro ovos nunha depresión pouco profunda escavada no chan forrada con herba e musgos. Ambos os pais incuban; a femia abandona o niño antes de que as crías emplumen e ás veces mesmo antes de que eclosionen os ovos. As crías aliméntanse por si mesmas e poden voar ás dúas semanas de vida.
Migran en bandadas ao sur dos Estados Unidos, México, América Central, o Caribe e norte de Suramérica. Aparecen como aves errantes moi raras en Europa occidental.[3]
AlimentaciónEditar
Aliméntase en chairas de barro, petirando a comida que ven, e ás veces sondando co peteiro. Comen principalmente pequenos crustáceos, insectos e caracois.
NotasEditar
- ↑ "Calidris minutilla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 84, 256. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Harrison, Graham; Harrison, Janet (2005). The New Birds of the West Midlands. West Midland Bird Club. ISBN 0-9507881-2-0. Arquivado dende o orixinal o 23 January 2009.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilro minúsculo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pilro minúsculo |
BibliografíaEditar
- Jonsson, Lars & Peter J. Grant (1984) Identification of stints and peeps British Birds 77(7):293-315
Ligazóns externasEditar
- An online identification article covering this species and other small calidrids at surfbirds.com
- Least sandpiper species account - Cornell Lab of Ornithology
- Least sandpiper - Calidris minutilla - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Least sandpiper photos at Oiseaux.net
- Vídeos, fotos, e sons de Least sandpiper na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Least sandpiper en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Calidris minutilla en IUCN Red List maps